A Red Localis elaborará e divulgará, de forma periódica, documentos e informes de síntese, nos que se combinen análises e propostas, aproveitando a experiencia e coñecementos dos integrantes da rede.

Os documentos e informes serán elaborados por varios relatores, sempre coa participación de investigadores universitarios e profesionais do mundo local, discutidos e analizados entre tódolos membros da rede para melloralo.