A partir do establecido no acordo de colaboración entre a Deputación Provincial de Ourense e GEN+, unha das liñas de actuación para 2017 vai ser a creación do primeiroobservatorio municipal da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxectivo de recoller edifundir información relacionada coa economía e fiscalidade municipal dos 313 concellos.

Este observatorio municipal centrará as súas actividades en cuestións de natureza económica, en especial de contidos orzamentarios e fiscais, tanto no que se reflicte á construción da base de datos, como a elaboración de documentos de libre acceso. Nestes documentos se amosará a realidade dos municipios galegos e servirán de ferramenta para a toma de decisións por parte dos xestores públicos para mellorar a capacidade orzamentaria e fiscal dos municipios en Galicia.

Para a elaboración deste observatorio utilizarase, entre outra, información do Ministerio de Facenda e Función Pública, Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, Deputacións Provinciais e dos propios concellos.

Nota Observatorio 1/2017: “Elementos presupuestarios y fiscales de los municipios de pequeño tamaño en Galicia”